O Supermercados Froiz debuta na Copa de España co oitavo posto de Gomiz

Pontevedra
28 de febreiro 2022

O corredor da escuadra alimenticia, cuarta na clasificación por equipos, non tivo opcións de pelexar pola vitoria, que lla levou o ruso Gleb Syritsa

Alejandro Gomiz, ciclista do G. D. Supermercados Froiz G. D. Supermercados Froiz

Oitavo posto para o ciclista do G. D. Supermercados Froiz Alejandro Gomiz na primeira proba da Copa de España Elite e Sub 23 que comezou a pasada fin de semana na localidade estremeña de Don Benito coa celebración do tradicional Circuito Guadiana. Unha proba na que o triunfador foi o ruso do Lokosphinx, Gleb Syritsa.

O corredor alimenticio soubo moverse moi ben nunha carreira moi rápida, aínda que non tivo opcións de disputar a vitoria. Na clasificación por equipos, o Supermercados Froiz asinou un meritorio cuarto posto.

A fuga que se produciu ao principio da proba sempre estivo controlada e, na última volta ao circuíto, o equipo do gañador aumentou o ritmo do pelotón para deixar a vitoria en bandexa ao corredor ruso, que cruzou a liña de meta con 16 segundos de vantaxe.

O momento chave da carreira estivo no último paso polo alto de Magacela. Das súas duras ramplas lograron saír á fronte do grupo cabecero unicamente Pietrobon, Beake e Syritsa; mentres que por detrás o pelotón trataba de aproximarse sen conseguir un ritmo suficiente para a neutralización.

O trío cabecero entrou no últimos tres quilómetros con máis de 40 segundos de marxe e no sprint pola vitoria Syritsa logrou desprenderse dos seus rivais para facerse co primeiro liderado da Copa de España Elite-Sub23. Pietrobon foi segundo e Beake, terceira.

A próxima cita da Copa de España Elite-Sub23 terá lugar o vindeiro domingo, 6 de marzo, coa celebración do Trofeo Guerrita.