O taekwondo pontevedrés exhíbese en Bueu no autonómico sub-21

Pontevedra
06 de febreiro 2017

O Mace Sport pontevedrés foi segundo na xeral por equipos (primeiro en categoría masculina), mentres o Mat's de Marín e Taekanart de Monte Porreiro foron terceiro e cuarto respectivamente

Deportistas do Mace Sport no Campionato Galego sub-21 en Bueu Mace Sport

O Pavillón Municipal Pablo Herbello de Bueu foi escenario a fin de semana dun animado Campionato Galego Sub-21 de taekwondo, no que tiveron un papel destacado os clubs da comarca de Pontevedra.

O Mace Sport concluíu na segunda posición da xeral por equipos (primeiro en categroía masculina), co Mat's de Marín terceiro e o Taekanart de Monte Porreiro cuarto.

Ademais Javier González (Mace Sport) foi recoñecido como mellor competidor do campionato xunto a Alma Pérez (Suh Sport).

A nivel individual polo Mace Sport lograron o título autonómico Emilio Pousada (pesado), Javier González (pluma) e Sara Cortegoso (mosca). Pola súa banda levaron a medalla de prata Artai Pazos (minimosca) e Unai Silva (pluma) e a de bronce Uxía Ogea (galo).

No Mat's as medallas de ouro conseguíronas Iván García (medio), Rubén Troitiño (superlixeiro) e Cristina Otero (minimosca), foi prata Arlet Ortiz (galo) e bronce Mariña Estévez (minimosca).

Por último no Taekanart colgaron o ouro Iván Rodríguez (galo) e Nagore Acuña (superlixeiro), a prata Nicolás Argibay (mosca) e Yerai Rodríguez (Galo) e o bronce Francisco Alexandre Acuña (pesado).