O pavillón da Cidade Infantil Príncipe Felipe de Pontevedra acolleu este sábado a xornada inaugural dos campionatos galegos de tenis de mesa, unha cita na que se reunirán, durante toda a fin de semana, máis de 200 deportistas de categorías prebenjamín, alevín, infantil, sub-23 e con diversidade funcional.
Organizado polo Tenis de Mesa Monte Porreiro co apoio da Federación Galega, o evento desenvolveu os valores deste deporte que aos poucos vai crecendo e chegando a máis recunchos.
Un deporte moi integrador e mixto no que poden competir persoas de calquera idade e con diversidade funcionar, participando en igualdade de condicións que o resto de participantes.
O broche final a esta competición, e con el, a esta tempada tan atípica, poñerase o domingo coa xornada de clausura