O Teucro empeza a suar pensando no seu retorno á Liga Asobal

Pontevedra
29 de xullo 2015

Os azuis retomaron os adestramentos confiados de que competirán na máxima categoría e cunha única ausencia, a de Gonzalo Carró que se encontra xogando o Mundial Júnior con Arxentina. Quique Domínguez móstrase "contento" co plantel formado á espera de poder pechar a contratación dun pivote

Primeiro adestramento do Teucro 2015/2016
Primeiro adestramento do Teucro 2015/2016 /

O primeiro equipo da Sociedad Deportiva Teucro xa está en marcha. Os azuis arrancaron este mércores os adestramentos coa intención de preparar o seu debut na Liga Asobal, e é que non hai lugar para outro pensamento que non sexa competir na máxima categoría.

Os de Quique Domínguez "únicamente pensando en nuestro trabajo en la pista", recoñece o técnico, convencidos de que o Consello Superior de Deportes lles confirmará como equipo de Asobal nas próximas horas.

Co equipo practicamente pechado 16 xogadores presentáronse ao primeiro día de traballo, entre eles as fichaxes Andrés Delgado, José Manuel Rial, Erik Balenziaga e Arkaitz Piriz. Só faltaba Gonzalo Carró, que se encontra disputando o Mundial Júnior con Arxentina.

A intención do club é poñer a guinda ao equipo coa contratación dun pivote, pero "veremos si somos capaces de traer a alguien más, yo de momento estoy contento porqque se mantiene el bloque del año pasado y se han incorporado jugadores que van a aportar cosas", explicou Quique Domínguez.

A deste mércores foi unha lixeira toma de contacto cunha suave sesión de adestramento, pero a partir de agora as dobres sesións serán as protagonistas, pola mañá con moita carga física aos mandos de Toño Puga e pola tarde traballo táctico.

O primeiro encontro amigable chegará o sábado 8 de agosto en Tui ante o ABC Braga portugués.

Ademais das fichaxes, completaron o primeiro adestramento Ricardo Amérigo, Carlos García, Iván Fernández, Edu Moledo, Víctor Rodríguez, David Chapela, Dani Hernández, David García Pichel, Anxo Otero e os xuvenís Héctor Gil, Luis Orge e Román Pedreira.