O Teucro estréase este sábado 16 na Copa de Galicia contra o Balonmano Pontevedra

Pontevedra
15 de agosto 2014

O equipo de Quique Domínguez leva tres semana entrenándose e este encontro será o primeiro oficial da temporada. O partido disputarase no Pavillón dos Deportes a partir das 20.30

Primeiro adestramento do Teucro 14/15 Mónica Patxot

Chega o primeiro partido oficial para a SD Teucro despois de tres semanas de adestramento. Estrearase nos oitavos de final da Copa de Galicia ante o Balonmán Pontevedra este sábado 16 ás 20.30 horas no Pavillón Municipal dos Deportes.

Quique Domínguez, adestrador do equipo azul, afirma que "al ser el primer partido de preparación, espero ir comprobando cómo va asimilando el equipo el trabajo que hemos hecho hasta ahora, tanto a nivel físico como táctico. Quiero observar el comportamiento del equipo y de cada jugador. También el de los jóvenes que están entrenando con nosotros desde el principio". Para o técnico será unha primeira toma de contacto coa competición que permitirá sacar conclusións "en cuanto a lo que llevamos de pretemporada y lo que nos queda".

MANCADOS

Para este encontro, o Teucro non poderá contar con David Chapela nin con Carlos García, que evolucionan ben das lesións que arrastraban da pasada tempada pero que aínda non se encontran en condicións para xogar.

Tampouco poderá contar con César Armán que se lesionou no adestramento deste venres. O extremo esquerdo do Rosal doeuse do xeonllo dereito e foi trasladado ao Hospital Domínguez, onde se descartou calquera tipo de fractura. A próxima semana someterase a unha resonancia magnética que revelará o alcance da lesión.