O Teucro recibe o trofeo de campión da División de Honra Prata

Pontevedra
28 de maio 2015

O presidente da Federación Española de Balonmán, Francisco Blázquez, entrega o trofeo aos azuis e felicita á xunta directiva por "el trabajo, dedidación y el esfuerzo para no dejar caer al club", sinalou nun acto celebrado no Hotel Galicia Palace

Entrega ao Teucro do trofeo de campión da División de Honra Prata Daniel Santomé

O Hotel Galicia Palace acolleu este xoves un sinxelo acto de homenaxe á Sociedade Deportiva Teucro, no que a entidade azul recibiu o trofeo que o acredita como campión da División de Honra Prata tras asinar unha brillante tempada.

Da man do presidente da Federación Española de Balonmán, Francisco Blázquez, Carlos García recolleu o galardón rodeado dos seus compañeiros e en presenza de xunta directiva, autoridades e integrantes da entidade pontevedresa.

Francisco Blázquez: "Aquí podéis hacer cosas grandes, porque tenéis un entorno, una afición y una gran base"

Blázquez, que se desculpou "por no estar en el último partido de liga" para entregar naquel momento o trofeo, tivo palabras de ánimo cara ao Teucro sinalando que "aquí podéis hacer cosas grandes, porque tenéis un entorno, una afición y una gran base, sois una de las canteras de este deporte", sinalou antes de agasallar cunha medalla a cada un dos integrantes de corpo técnico e equipo (só faltaban Borja Pedreira, Gonzalo Carró e Ricardo Amérigo).

O máximo representante federativo do balonmán español felicitou tamén á xunta directiva por "el trabajo, dedidación y el esfuerzo para no dejar caer al club".

O acto contou coa presenza do concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, a deputada provincial Ana Isabel Vázquez e o presidente da Federación Galega, José Luis Pérez Ouro.