"Moi contentos". Así aseguran estar no Tenis de Mesa Monte Porreiro tras poder volver á competición despois de tantos meses de parón provocado pola Covid.
Coas ligas nacionais paralizadas ata o mes de xaneiro, foron as ligas galegas as primeiras que permitiron aos xogadores pontevedrés vestirse de curto e empuñar as pas.
O pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe foi escenario este domingo dunha dobre xornada das ligas autonómicas, enfrontándose nas mesmas os propios equipos do Monte Porreiro.
Aínda que o resultado case era o de menos na Terceira División Nacional o Monte Porreiro Confitería Capri venceu 4-0 ao Monte Porreiro Promociones Inmobiliarias Amco, mentres que na Primeira División Galega o Visit Pontevedra superou 4-2 o Monte Porreiro Promesas.
Os partidos desenvolvéronse "con todas as medidas de seguridade e cumpríndose de forma estrita os protocolos", sinalou o club pontevedrés.