O TM Monte Porreiro pecha a primeira volta en metade de táboa tras unha cómoda vitoria sobre o Alzira

Pontevedra
23 de xaneiro 2023

O equipo pontevedrés encarrilou a vitoria ao gañar os tres primeiros partidos e, no quinto enfrontamento, o triunfo de Bentancor sentenciou o choque co que se pechou a primeira parte da competición

Partido de Superdivisión Masculina entre el Tenis de Mesa Monte Porreiro y el L'Escala Cristina Saiz

A primeira volta da Superdivisión masculina de tenis de mesa pechouse a pasada fin de semana co partido que enfrontou ao TM Monte Porreiro co Hortitec Alzira, que se saldou cun claro triunfo por 4 a 1 do equipo pontevedrés.

Con este triunfo, o Visit Pontevedra pecha o primeiro tramo de competición nunha cómoda oitava posición, con oito puntos e unha vantaxe de tres puntos sobre o descenso. Os pontevedreses sumaron tres vitorias e dous empates, mentres que acumulan seis derrotas.

No duelo da fin de semana, un partido directo pola disputa da oitava praza da táboa, a balanza decantouse moi pronto ao lado local. Martín Bentancor, Miguel Ángel Vilchez e Nicolás Galvano gañaron os tres primeiros enfrontamentos para encarrilar a vitoria.

Logo recortou distancias para os visitantes Santiago Lorenzo. Con todo, Bentancor certificou o triunfo cunha vitoria final sobre Jose Carlos Guillot.