O Trofeo Guerrita, segundo asalto para o Froiz na Copa de España

Pontevedra
07 de marzo 2019

Ademais de participar na Copa de España Elite e Sub-23 o equipo pontevedrés estará presente esta fin de semana Gran Clásica Primavera en Portugal no que competirá contra profesionais

Concentración de pretempada do Froiz 2019 PontevedraViva

Reválida na Copa de España Elite e Sub-23 para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz, que despois de dúas semanas de descanso na competición tras a súa estrea no Circuíto do Guadiana, volve ao seu principal obxectivo do curso.

Faio no 28º Trofeo Guerrita-Memorial Juan Romro e Diego Sánchez que se celebrará o vindeiro domingo 10 de marzo na localidade murciana de Alcantarilla.

Jesús Arozamena, que na primeira cita ocupou o posto 18, aspira a escalar posicións na xeral da Copa cunha boa actuación nunha carreira que dará comezo ás 10:00 horas e que contará con 155 quilómetros de percorrido nos que destacan dous pasos polo alto da Perdiz, un porto de 1ª categoría e 15 quilómetros de lonxitude que se prevé marque diferenzas.

Ademais do líder do equipo nesta competición, Arozamena, estarán no Trofeo Guerrita: Diego Noriega, Víctor Romero, Diego González, Aaron Mariño, Marcos Navarrete e Jake Wright.

CLASICA DE PRIMAVERA

O outro centro de atención da fin de semana para o Froiz será a Clásica de Primavera en Povoa de Varzim, Portugal, onde competirá contra equipos profesionais nunha carreira que contará con 147 quilómetros, 7 pasos por montaña de 1,2 quilómetros e un 8,3% de desnivel. 

A escuadra alimenticia estará formada por Abel Franco, Guillermo García, Aitor Bugarín, Martín Lestido, Óscar Brea, Adrián Barros e Carlos Amil.