O Voleibol Pontevedra pecha a súa tempada caendo con honra na Coruña

Pontevedra
26 de marzo 2019

As pontevedresas cederon no segundo partido do play-off e quedan eliminadas da competición autonómica, pero tras cumprir o obxectivo de lograr a permanencia na categoría

Partido entre o Club Voleibol Pontevedra e o Calasancias na tempada 18/19 Diego Torrado

A tempada do equipo do Club Voleibol Pontevedra na Primeira División Galega chegou ao seu fin despois de caer no seu segundo partido do play-off na Coruña.

As pontevedresas visitaba o Calasancias e o certo é que deu a talla ante un potente rival, chegando a igualar o set inicial conseguido polas locais, pero terminaron cedendo con honra.

O encontro empezou con dominio coruñés (25-16), empatou o CVP (23-25) pero non puido manter o nivel de acerto e perdeu finalmente as dúas seguintes mangas (25-18 e 25-15).

Así a liga pecha o pano para o CVP Alianza Española SA de Seguros, que quedan coa satisfacción de ter cumprido o seu obxectivo ao lograr a permanencia na primeira categoría autonómica.

A competición continúa agora nas categorías inferiores do Voleibol Pontevedra, cunha cita destacada o 13 e 14 de abril no Campionato Galego Infantil no que se poñerá en xogo a clasificación para o Nacional.