O Waterpolo Galaico supera por primeira vez a cifra de 100 deportistas

Pontevedra
16 de outubro 2014

ÿ a primeira vez nos seus 16 anos de historia que supera esta barreira. O club lerezano conta con sete equipos nas diferentes categorías

Adestramento do Waterpolo Galaico en Ponte Muíños CW Galaico Pontevedra

En setembro de 1998 arrancou con ilusión un proxecto de waterpolo na cidade. Contaba con 15 xogadores e un só equipo, masculino e en idade sénior.

Agora, 16 anos despois o Club Waterpolo Galaico logrou superar por primeira vez a barreira dos 100 deportistas coas últimas incorporacións rexistradas esta mesma tempada.

En total o club lerezano conta este curso con sete equipos nas diferentes categorías galegas: dous equipos alevíns, un infantil, un cadete, absoluto feminino, absoluto mixto de 2ª División e o absoluto masculino de 1ª División.

O obxectivo, agora cumprido, formulárano como meta ambiciosa os responsables do club nos últimos anos.