O xogo interior do Peixe Galego suma unha nova peza

Marín
17 de agosto 2018

O club marinense confirmou a incorporación do pivote Santi Lorenzo, prodecente do Instituto Rosalía santiagués, con quen a pasada campaña competiu na Liga EBA

Javi Llorente no banco do Peixe Galego no partido de liga ante Calzados Robusta Diego Torrado

Cada día está máis preto de pechar o seu plantel o Peixe Galego para competir na Liga LEB Prata.

O club marinense confirmou este venres a incorporación dunha nova peza para reforzar o seu xogo interior, o pívot Santi  Lorenzo.

Ex-xogador do Instituto Rosalía na Liga EBA, Lorenzo competirá por achegar o máximo de minutos posibles xunto a Antonio Pantín e o xamaicano Vashil Fernández.

Coa súa chegada Javi Llorente conta xa con nove nomes confirmados, ao sumarse aos citados Pantín e Vashil Fernández e a Juanchi Orellano, Jorge Romero, Pablo González, Víctor Holmberg, Jacobo de Benito e Gerard Sevillano.