"Balance positivo", así valora o Club Voleibol Pontevedra a actuación dos seus equipos na fase regular das ligas galegas que vén de concluír.
No que respecta a os conxuntos sénior, na 1ª División Autonómica, ambos os dous avanzaron á segunda fase que dá acceso á final do Campionato Gallego.
Os mozos, que reaparecían en competición esta tempada, conseguiron a quinta posición nunha liga moi igualada, onde só o Asesores Vila Castro de Ourense mostrouse superior ao resto. Agora os pontevedreses enfrontaranse ao San Sadurniño, cuarto na liga regular, en en un dobre encontro eliminatorio de ida e volta.
Pola súa banda o equipo feminino o Club Voleibol Pontevedra quedou en sexta posición tras un irregular final de liga acusando baixas e a colocación das semanas de descanso. Desta forma nos cruces eliminatorios espéralle o terceiro da táboa, o Calasancias A Coruña.
Entre o resto de categorías, o club destaca o resultado obtido polo equipo de 2ª División Autonómica Infantil Feminina, que conseguiu o subcampionato.
Os cruces da segunda fase na ligas galegas terán o seu primeiro partido a fin de semana do 14 e 15 de marzo, coincidindo coa Fase Zonal do Campionato Galego de Voleibol Alevín e Benxamín que reunirá en Pontevedra a preto de 350 deportistas.