Dez integrantes do Corpo de Bombeiros de Pontevedra anotáronse a popular San Silvestre cun obxectivo, promover o recén aberto Banco de Alimentos da cidade.
Todos eles, en representación de todo o parque municipal, completarán os case 4 quilómetros da marcha atlética ataviados co seu equipo completo de intervención, de algo máis de 20 quilos de peso, para "llamar la atención a la gente, que se entere que existe un Banco de Alimentos y que colabore", explica o bombeiro Darío Gil en nome dos seus compañeiros.
Ademais na saída colocarán varios vehículos a xeito de exhibición.
Trátase así de colaborar coa recollida solidaria de alimentos que a organización da San Silvestre, a cargo da Sociedad Gimnástica, habilita a través do propio Banco de Alimentos.
Segundo explicou un dos seus representantes en Pontevedra, Alfonso García, os alimentos que se necesitan "con máis urxencia" son leite e aceite, ademais de produtos para nenos.