Os ximnásticos Manuel Hurtado e Carlos Porto defenderán a Galicia no nacional de campo a través

Pontevedra
11 de febreiro 2021

A convocatoria da Federación Galega encabézana os gañadores do último medio maratón disputado en Pontevedra: Edimar Brea e Alejandro Fernández

Manuel Hurtado e Carlos Porto xunto a outros compañeiros da Sociedad Gimnástica Sociedad Gimnástica

A Federación Galega de Atletismo selecciona aos atletas da Sociedade Gimnástica Carlos Porto e a Manuel Hurtado para competir no Campionato de España de Campo a través por Federacións o 28 de febreiro en Xetafe. Ademais, a atleta Paula da Torre figura como suplente.

Pola pandemia, será un campionato atípico e difícil pola falta de preparación competitiva dos atletas. Precisamente por isto, é polo que os corredores están máis contentos de que a Federación Galega contara con eles para formar parte da convocatoria. 

Paula da Torre, que tamén estivo presente o ano pasado, entrou na selección como suplente na categoría sub20 feminina. Por tanto, a súa participación no campionato dependerá da dispoñibilidade das súas compañeiras.

Como dato curioso, os dous equipos absolutos, tanto feminino como masculino, liderarano os gañadores do Medio Maratón de Pontevedra 2020:  Edymar Brea e Alejandro Fernández.