Ouro para Gómez Noya no Ironman 70.3 de Cascais

Pontevedra
29 de setembro 2019

Despois de quedar fóra do podio do Mundial de Niza, Javier Gómez Noya regresou ao grande para competir no Campionato do Mundo de IronMan 70.3 de Cascais no que logrou acabar líder nas tres probas

Gómez Noya na chegada a meta do IronMan 70.3 de Cascais Ironman

Despois de quedar fóra do podio do Mundial de Niza, Javier Gómez Noya regresou ao grande para competir na proba IronMan 70.3 que se celebraba este domingo en Cascais, Portugal.

O campión galego aspiraba a subir ao podio e conseguiuno, acabando como líder nas tres probas.

Despois de percorrer os primeiros 1.900 metros da proba de natación, o primeiro en saír da auga da praia dos Pescadores foi Gómez Noya, que cun tempo de 00:21:59, subía á bicicleta con 27 segundos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o portugués João Silva.

Nos primeiros quilómetros da proba ciclista, o español seguiu aumentando a súa vantaxe para pasar polo quilómetro 25 con 2:18 sobre o portugués Filipe Azevedo e o francés Denis Chevrot, quinto e cuarto en saír da auga respectivamente.

Tras o paso polo punto de control do quilómetro 70, Noya seguía como lider pero con Azevedo a 1:21, que ía recortando distancia. Chevrot era terceiro a 2:56 liderando un grupo de 7 atletas onde se atopaban os españois Pedro Andújar e Guillem Vermellas. A proba en bicicleta concluíu con Gómez Noya chegando primeiro á T2 cun tempo de 2:38:48 e 1:45 de vantaxe sobre Azevedo, que seguía segundo.

O galego baixou da bicicleta e comezou a carreira a pé, onde demostrou a súa calidade neste segmento. Xa nos primeiros quilómetros aumentou a súa vantaxe a 2:33 sobre o portugués. No paso polo quilómetro 15, Noya seguía cun forte ritmo e distanciándose cada vez máis dos seus seguidores, esta vez cunha vantaxe de 3:51 minutos sobre o francés Dylan Magnien e 4:27 sobre Azevedo.

Finalmente, Gómez Noya conseguiu a vitoria no IronMan cun tempo de 3:51:11, seguido do francés Dylan Magnien que acabou segundo (+4:32) e do portugués Filipe Azevedo (+5:37).

Con este primeiro posto, Noya consegue clasificarse para o Campionato do Mundo Ironman 70.3 que se celebrará en 2020 en Nueva Zelanda ademais de conseguir a segunda vitoria consecutiva para España nesta proba.

Así mesmo, esta competición supón a preparación para último gran evento do ano de tríatlon nacional, o Pro Tour que se disputará os días 12 e 13 de outubro en Pontevedra.