Pablo García e Lydia Pérez lánzanse a polo reto olímpico

Pontevedra
28 de febreiro 2020

Os deportistas do Club de Loita Pontevedra viaxan esta fin de semana a Hungría para unha concentración internacional de adestramento previa ao primeiro dos dous clasificatorios oficiais nos que tentarán conseguir praza para os Xogos Olímpicos de Tokyo

Pablo García e Lydia Pérez Touriño co alcalde e o concelleiro de deportes
Pablo García e Lydia Pérez Touriño co alcalde e o concelleiro de deportes / Cristina Saiz

Aproxímase o momento da verdade para Lydia Pérez Touriño e Pablo García. Tras máis de tres anos de sacrificio e duro adestramento, os deportistas do Club de Loita Pontevedra chegan ao momento decisivo no que deberán pelexar pola clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokyo 2020.

Antes de deixar a cidade, ambos os dous recibiron o apoio do goberno local ao ser recibidos polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Deportes, Tino Fernández.

"Primero vamos a Hungría que hay una concentración del 1 al 12 de este mes para preparar el clasificatorio", explicou a PontevedraViva García, que non estará na primeira cita clasificatoria (Budapest do 19 ao 22 de marzo) e que fía as súas opcións á segunda (Sofía, Bulgaria, do 30 de abril ao 2 de maio).

"Opciones hay, no son opciones claras pero siempre hay. Estamos entrenando para poder estar más cerca del nivel de los que hay en el clasificatorio", sinalou o loitador pontevedrés.

Máis posibilidades ten Lydia Pérez, que si estará nos dous torneos nos que se reparten prazas olímpicas (aos dous primeiros clasificados de cada un) e que confía plenamente nas súas posibilidades vendo máis factible lograr o pase en Bulgaria: "En el primero aún queda mucha gente buena por clasificar y en el último va a ser como una repesca", asegurou.

A representante do Club de Loita Pontevedra foi sétima no recente Campionato de Europa, un resultado que "como soy muy ambiciosa me sabe un poco agridulce porque yo buscaba volver con una medalla", pero que pensado máis fríamente "fue un bueno y me acerca más a la clasificación", recoñeceu antes de poñer rumbo a Hungría. O destino espéralles.