O Club Cisne Balonmán segue confeccionando o seu persoal para o seu proxecto na División de Honra Prata e para iso, non contará co lateral esquerdo Pablo Gayoso.
Despois de cinco anos vestindo de branco, Gayoso despídese do club pontevedrés e convértese na quinta baixa confirmada xunto coa de José Leiras, Dani Ramos, Gonzalo Carró e Miguel Simón.
"El lateral izquierdo Pablo Gayoso no seguirá con nosotros en División Honor Plata. Desde el club le deseamos muchísima suerte y agradecemos su compromiso...¡Aquí tienes una familia!", sinalou o Cisne.