Xornadas de concentracións nacionais para dúas deportistas do Club Natación Galaico como Paula Goyanes e Águeda Cons, que pasan páxina tras o recente Nacional Open de Primavera en Pontevedra.
Goyanes participa estes días, ata o sábado 22 de abril, nunha concentración do Equipo Nacional de augas abertas absoluto e junior que se celebra nas instalacións do Club La Santa de Lanzarote. A nadadora do Galaico céntrase así nesta disciplina na que espera seguir progresdando e participar en probas internacionais.
Águeda Cons pola súa banda foi incluída na convocatoria do Equipo Nacional Absoluto/Junior que levará a cabo en Santa Cruz de Tenerife entre o 22 e o 29 de abril.
Un total de 14 nadadores acoden a esta cita, na que os técnicos da Federación Española queren empezar a preparar as grandes citas do verán en piscina de 50 metros, que no caso de Cons será o Campionato do Mundo Junior en Indianápolis (EEUU).
Xunto á pontevedresa participarán nestas xornadas de adestramento as grandes estrelas da natación nacional e do recente Open de Primavera, como Mireia Belmonte ou Jessica Vall entre outros, baixo as ordes como adestrador principal de Fred Vergnoux, preparador de Belmonte.