Máis aló da resaca polo resultado, amarga porque "calquera equipo pódeche facer un gol pero non nunha xogada de despiste que regalas no 92", recoñeceu en rolda de prensa o adestrador Ángel Rodríguez, o Pontevedra Club de Fútbol inicia a semana pendente do estado físico dun dos seus futbolistas, Samu Araújo.
O lateral zurdo tivo que ser substituído en Móstoles aos 56 minutos por problemas físicos, entrando no seu lugar Samu Santos.
Segundo explicou despois do choque o técnico "tiña un problemilla durante a semana no abdutor, volveulle a molestar e non quixemos forzar".
Aínda que as primeiras exploracións apuntan a unha sobrecarga muscular na zona, o que non lle descartaría para o duelo da próxima fin de semana ante o Leganés B en Pasarón, o defensor ten previsto pasar revisión médica a última hora deste luns para descartar unha lesión de maior consideración.
En todo caso a súa dispoñibilidade quedará a expensas da súa evolución nos próximos días.