O Arosa fixo oficial este martes que José Luis Uhía 'Piscis' non continuará sendo o adestrador do primeiro equipo a próxima tempada.
Despois de tres anos e medio ocupando o banco da Lomba, Piscis abandona a entidade de Vilagarcía, coa que conseguiu ascender a Terceira División.
A decisión da xunta directiva foille comunicada ao adestrador este luns, antes de facer pública a decisión de non renovalo.
Piscis deixa o Arosa convertido no terceiro entrandor que máis partidos dirixiu ao equipo ao longo dos 70 anos de historia do club, con 131 e só superado por Félix Carnero (155) e Edelmiro Lorenzo (150).
O candidato mellor colocado para tomar as rendas do equipo é Guillermo Fernández Romo, técnico que procede do Olimpic Xativa pero que xa pasou polo Pontevedra (División de Honra Xuvenil), Villalonga ou Betis B.