Poio dá a coñecer aos Premios San Xoán 2019 ao deporte local

Poio
13 de xuño 2019

O nadador e acuatleta Cristian Fernández, as ximnastas Lola Ferro e Laura Alonso ou o Club Tríatlon Poio, entre outros, atópanse entre os premiados na edición de 2019, segundo fallou o Consello Municipal de Deportes

Cristian Fernández, no Campionato do Mundo de Acuatlón en Pontevedra Xan Xiadas

O Consello Municipal de Deportes de Poio deu a coñecer os gañadores dos Premios ao Deporte San Xoán 2019, que recoñecen o esforzo de deportistas e clubs locais ao longo da tempada.

Entre os galardoados este ano destaca a presenza do nadador e acuatleta Cristian Fernández, campión do Mundo de acuatlón na categoría de grupos de idade no ITU Multisport celebrado en Pontevedra. Xunto a el, na mesma categoría de mellor deportista masculino recoñécese a Nicolás Braña (Piragüismo Poio), campión autonómico de novas promesas en categoría infantil.

No apartado de mellor deportista feminina os premios fixáronse en tres persoas: Lola Ferro, campioa galega de ximnasia rítmica categoría base e 6ª clasificada na Copa de España; Laura Alonso, subcampioa galega de ximnasia rítmica categoría base; e Alba Rodríguez, campioa galega de piragüismo e subcampioa de España de canoa infantil.

Por último o Concello recoñecerá ao equipo cadete de fútbol das Escolas Deportivas de Poio polo seu ascenso á primeira categoría autonómica e ao Club Tríatlon Poio polo seu ascenso á Terceira División Nacional de dúatlon e polo seu labor de promoción do deporte.

Os Premios San Xoán 2019 serán entregados o próximo 22 de xuño (21:00 horas) durante a celebración do pregón das festa patronais.