O Poio Pescamar anuncia a renovación por dúas tempadas do seu adestrador Luís López-Tulla

Poio
11 de maio 2026

O técnico vermello, con catro tempadas xa ás súas costas no banco conserveiro, é xa o adestrador con máis partidos na historia do club

Luis López-Tulla, partido de liga entre Poio Pescamar e Melilla CD Torreblanca na Seca
Luis López-Tulla, partido de liga entre Poio Pescamar e Melilla CD Torreblanca na Seca / Cristina Saiz

Luís López-Tulla seguirá, polo menos, dúas tempadas máis adestrando o Poio Pescamar.

Así o anunciou este luns a entidade conserveira tras alcanzar un acordo de renovación co técnico madrileño, a poucas datas de afrontar un ilusionante play-off polo título da máxima categoría.

López-Tulla está a vivir a súa cuarta campaña na Seca, e é xa de feito o adestrador con máis partidos dirixidos na historia do Poio Pescamar, tras superar o pasado mes de xaneiro os 130 duelo dirixidos por Marcio Santos.

Aos seus mandos, o equipo vermello logrou estes anos disputar as súas primeiras eliminatorias polo título, clasificándose para o play-off en tres desas catro tempadas. Ademais levantou unha Copa Galicia.

"Os datos falan por si sós. Con Luís López-Tulla o club estabilizouse entre os mellores de España", descata o Poio Pescamar sobre a continuidade do preparador madrileño.

"Desexamos toda a sorte a Luís e esperamos que pronto poidamos levantar o noso primeiro título nacional para seguir facendo historia xuntos", afirma o club.

Até a súa chegada no verán do 2022, nunca un adestrador mantívose no banco vermello máis de dous cursos seguidos en Primeira División.

Se todo vai ben Luís López-Tulla chegará con esta renovación ás seis tempadas consecutivas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora