Pol Bueso está disposto a xogar de central, lateral ou "donde sea"

Pontevedra
14 de novembro 2019

O defensor castellonenco, que a pasada fin de semana cambiou a súa habitual demarcación no centro da zaga para xogar no costado zurdo, asegura que a súa única intención é axudar ao equipo "da igual en la posición que sea". Pese ao bo momento, pide ir partido a partido

Pol Bueso durante un adestramento do Pontevedra Mónica Patxot

Unha das principais novidades do primeiro once de Carlos Pouso no Pontevedra protagonizouna Pol Bueso, ao ocupar por primeira vez esta campaña a demarcación de lateral zurdo.

O defensor castellonenco xogara ata a data no centro da zaga, facendo parella con Churre, pero "el míster pensó que yo podía aportar en el lateral izquierdo y yo estoy aquí para intentar ayudar", recoñece.

Esa situación permitiu ademais adiantar a posición de Álex González, que desde o extremo tivo tamén unha importante incidencia na vitoria do equipo granate en Las Rozas, con gol incluído.

Pol Bueso: "Al final uno quiere jugar donde sea. A mí me es igual si es de central o de lateral, lo que decida el míster"

"Como dije desde mi llegada es igual la posición, yo vengo a ayudar, a apoyar al equipo y aportar ese granito de arena y al final uno quiere jugar donde sea. A mí me es igual si es de central o de lateral, lo que decida el míster", explica o futbolista.

Pode que o seu futuro máis próximo pase precisamente pola posición de 3. Iso só a sabe con certeza un Carlos Pouso que "es un hombre muy cercano, nos dice las cosas claras", asegura  Bueso sobre o seu novo adestrador.

Na súa tempada de debut no Pontevedra, Pol confirma sentirse "encantado" co trato do club e da cidade, un agarimo que espera devolver con "sacrificio y trabajo".

Agora, superado o mal momento de xogo e resultados, o que é un dos xogadores veteranos do equipo, curtido en mil batallas nos campos de Segunda B, defende o traballo previo que "creo que se estaba haciendo bien", e pide á contorna ir partido a partido: "Llegará un momento en el que empecemos a mirar arriba o abajo, pero ahora toca apretar los machos, trabajar e ir sumando porque aún queda una segunda vuelta entera".

Iso si, para pensar en obxectivos ambiciosos, Pol Bueso ten clara a receita, que pasa por "hacernos fuertes en casa" empezando este domingo (17:00 horas) coa visita do Marino de Luanco ao Estadio Municipal de Pasarón.