Numeroso público congregouse este sábado na estrada PO-234, que une Laxoso con Aguasantas, na estrea da Subida a Ponte Caldelas, proba incluída dentro do Campionato Galego de Montaña.
A pesar de atrasos ao comezo da competición e antes da segunda manga debido a varios imprevistos, os asistentes gozaron do automobilismo durante unha xornada que acolleu tres pasadas ao circuíto de 3,7 quilómetros.
Alexis Viéitez, piloto da escuadra organizadora, Buxa Motor Poio, dominou a primeira xornada, seguido de Jacobo Sobral e Jesús Pombo.
Consulta aquí as clasificacións da I Subida a Ponte Caldelas.