O Pontevedra continuará con Juanra no centro da zaga

Pontevedra
09 de xullo 2026
Actualizado: 18:52

O central granate, que sufriu unha grave lesión no seu xeonllo esquerdo o pasado mes de novembro, convértese na segunda renovación do conxunto lerezano para a próxima tempada

Amigable de pretempada entre Pontevedra e Arenteiro en Pasarón

Día de movementos nas oficinas dun Pontevedra Club de Fútbol que iniciou a xornada coa renovación de Álex González, abría a tarde coa fichaxe de Domingo Mba e que, pouco despois, anunciou a continuidade do defensa Juan Ramón Gómez-Pimpollo 'Juanra'.

O zaguero natural de La Solana (Ciudad Real) aterrou na cidade do Lérez o pasado verán procedente do Atlético Baleares de Segunda Federación.

Chegou con galóns para ser un xogador importante no equipo de Rubén Domínguez, pero unha grave lesión frustrou os seus plans.

E é que o xogador tivo que ser substituído no minuto 50 do encontro fronte o Mérida disputado o 15 de novembro do 2025 por mor dunha lesión no seu xeonllo esquerdo.

As primeiras impresións eran malas e as probas posteriores confirmaron unha rotura do ligamento cruzado que lle obrigou a pasar por quirofano un més despois.

Iniciou entón unha longa recuperación que, oito meses despois, xa encara a súa recta final. É por iso que o club granate aposta pola continuidade dun xogador chamado a ser importante pola súa xerarquía e que, de novo, terá a oportunidade de demostrar a súa valía en Pasarón

A súa renovación chega para comezar a dar forma a unha defensa mermada tras as baixas confirmadas de Víctor Eimil, Miki Bosch, Montoro e Miguel Cuesta, pezas fundamentais da defensa do pasado curso.

E é que o apartado defensivo conta agora con catro efectivos en plantel se contamos o de La Solana, ao recentemente chegado Adrián Argos e aos xogadores con contrato en vigor Expósito e Ander Vidorreta, cuxa posición natural é na medular pero que actuou como lateral durante gran parte da tempada.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora