Pontevedra goza co piragüismo maratón na primeira xornada do Campionato de España

Pontevedra
16 de maio 2015

O tramo urbano do río Lérez recibe centos de padexeiros nunha competición que se inaugurou coas probas de barcos individuais e veteranos

Primeira xornada do Campionato de España de Piragüismo Maratón Daniel Santomé

Animada xornada deportiva en augas do Río Lérez no inicio do Campionato de España de Piragüismo Maratón.

Os barcos individuais e as categorías de veteranos centraron a atención nunha xornada presidida por un día soleado que fixo aínda máis vistosa a competición.

Iván Alonso (Kayak Tudense) en K-1 e David Mosquera (Ría de Betanzos) en C-1 foron os grandes triunfadores na categoría elite, tras completar case 30 quilómetros de percorrido e sete porteos seguidos con atención polos numerosos afeccionados presentes.

O K-1 decidiuse na última volta entre Alonso e Emilio Merchán (Club Kayak Zamora) cunha iguladad que se mantivo ata os últimos metros.

O panorama en C-1 foi totalmente oposto, dominando con autoridade David Mosquera, mentres en categoría feminina Nuria Villace (Ría de Betanzos) foi a gañadora en K-1.

O Campionato de España de Maratón continúa este domingo en horario matinal coas regatas de barcos dobres.

Os resultados completos poden consultarse neste enlace.