A Deputación de Pontevedra acometerá unha mobilización de fondos para renovar a iluminación do campo de fútbol do complexo deportivo das instalacións de Príncipe Felipe.
Luís López, presidente provincial, sinala que con esta acción téntase cumprir cunha demanda histórica dos equipos que empregan este espazo deportivo para adestrar.
A intervención executarase cunha modificación de crédito por valor de 100.000 euros para renovar esa iluminación do campo, que é utilizado por diversos equipos, entre os que se atopan os de categorías infantís.
López lembrou que as contas do servizo de Deportes atópanse por baixo do 5% dispoñible, pero insistiu en que o goberno actual "ía facer todo canto estivera na súa man" por atender as necesidades da provincia.