Primeiro obxectivo cumprido para o Peixe Galego, campión da fase regular da Liga EBA

Marín
12 de marzo 2018

O club marinense logrou a súa 24ª vitoria consecutiva e a falta de seis xornadas para o final da liga regular asegura o primeiro posto e a presenza na fase de ascenso á Liga LEB Prata

O Peixe Galego celebra o campionato regular da Liga EBA Marín Peixegalego

A 24ª vitoria consecutiva do Peixe Galego tivo esta fin de semana premio extra, a clasificación matemática para a fase de ascenso á Liga LEB Prata.

Desta forma, e a falta aínda de seis xornadas para a conclusión da competición regular na Liga EBA, o club marinense proclámase campión matemático do Grupo A-B.

Os de Javi Llorente manteñen a súa condición de invicto despois de superar con claridade ao Chantada (84-56) no pavillón da Raña nun partido que dominaron desde o cuarto inicial e no que ata cinco xogadores asinaron dobres figuras.

Os de Marín celebraron coa súa afección o que é era o primeiro obxectivo da tempada. O conseguilo con tanta antelación deixa tempo aos de Javi Llorente a preparar a conciencia a fase decisiva do curso, unha fase final que comezará cun duelo polo título EBA do grupo A contra o campión da demarcación A-A, que será Cantabria Estela ou Zornotza.

Consulta as estatísticas do Marín Peixe Galego-Chantada.