Prometedora estrea ligueira do Arxil ante o Ensino (63-44)

Pontevedra
01 de outubro 2016

As pontevedresas marcaron diferenzas no seu primeiro cuarto sobresaliente (25-7) e despois controlaron con acerto a súa vantaxe. Minata Keita, con 26 puntos, resultou determinante 

Waleska Pérez na primeira xornada de liga entre Arxil e Ensino no CGTD Diego Torrado

Inmellorable debut do Arxil na súa unha nova campaña na Liga Feminina 2 de baloncesto, ao vencer de maneira clara e cunha gran imaxe ao Ensino de Lugo (63-44) no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

O equipo pontevedrés, a pesar duns primeiros compases desacertados en ataque, arroiou ao seu rival no primeiro cuarto da man de Minata Keita para abrir a primeira diferenza importante (25-7). A pivote malí anotou 12 puntos é nos primeiros 10 minutos (26 en todo o partido) e foi un pesadelo para as visitantes.

Desde ese momento, e grazas a unha boa defensa, as de Mayte Méndez foron controlando o electrónico, chegando cunha ampla vantaxe ao descanso (37-20).

Tras o paso polos vestiarios o Ensino tentou reaccionar (42-33), pero as verdes non deron opción á remontada no parcial definitivo confirmando un claro triunfo que carga de moral ao equipo.

A pesar dunha pretempada irregular, o Arxil deixa motivos para crer que pode pelexar por estar na zona nobre da clasificación.