Decembro será un mes de derbis galegos no Estadio Municipal de Pasarón, nas dúas últimas xornadas como local do ano para o Pontevedra Club de Fútbol.
Co equipo granate axexando o liderado, estas citas aparecen como ou a oportunidade de dar definitivamente un salto na asistencia ao estadio, que a ritmo lento pero foi incrementando esta tempada ata os 2.405 espectadores que presenciaron o duelo fronte á Arandina.
Volvendo ao dobre derbi, fronte ao Compostela (domingo 3 de decembro, 17.00 horas) e RC Deportivo Fabril (domingo 17, 17.00 horas), a endidad pontevedresa lanzou unha promoción destinada aos seus socios.
Grazas a ela os abonados granates poderán retirar para acompañantes ata dúas entradas en cada un dos partidos ao 50% de desconto.
O prezo para ambos os dous derbis, para o público xeral, fixouse en 20 euros na bancada de Tribuna, 15 euros en Preferencia e 10 euros nos fondos. A categoría xuvenil (nacidos entre 2005 e 2016) deberán pagar 15, 10 e 8 euros respectivamente en función da bancada escollida.
As entradas con desconto para abonados poderanse retirar só en venda anticipada nas oficinas de Pasarón ou a través da páxina web do club.
ENTRADAS | Decembro galego en Pasarón
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) November 19, 2023
Promoción para abonados para os próximos dous encontros en Pasarón
@SD_Compostela | Domingo 3 | 17:00
RC Deportivo Fabril | Domingo 17 | 17:00
Ata 2 entradas por partido ao 50% para abonados #UPQSC pic.twitter.com/mhscdBWRGj