Continúan os movementos no Arosa. Tras os anuncios de renovacións e novas fichaxes, nas últimas horas a directiva que preside Manolo Abalo confirmou a baixa de varios futbolistas.
Un deles é o dianteiro pontevedrés Quique Cubas, que non renovará e escollerá novo destino despois de dúas tempadas en Vilagarcía nas que as lesións mermaron o seu rendemento.
Tampouco seguirá o canteirán Santi tras 14 tempadas no club, ao igual que Nando, que tamén se desvincula do club. O que si renovou foi Vixo.
Por outra banda a entidade arlequinada non só rastrexa o mercado na busca reforzos para a parcela deportiva, senón que tamén busca un novo adestrador de porteiros que complete o corpo técnico tras a saída de Iago Farto.
O que si continúa xunto a Piscis é o preparador físico Ezequiel Rey.