A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte tomou a decisión de declarar como partido de alto risco o duelo entre Racing de Ferrol e Pontevedra Club de Fútbol do próximo sábado 2 de maio (16.15 horas) no Estadio da Malata.
Será o penúltimo desprazamento do ano para o equipo granate, na xornada 35 de liga, en plena loita polo play-off de ascenso e coa previsión de poder estar arroupado por un importante número de afeccionados.
Esta decisión xa foi adopatada no duelo da primeira volta en Pasarón.
Supoñerá entre outros aspectos un reforzo na seguridade e tamén medidas extraordinarias para os seguidores pontevedreses que se despracen.
Entre as medidas de obrigado cumprimento atópase a separación total das afeccións, polo que todos os seguidos do Pontevedra deberán situarse na mesma zona da Malata.
Aínda non se coñece o número de localidades que se poñerán ao dispor do Pontevedra.
Ademais todas as entradas deberán adquirirse de xeito nominal e anticipado.
De feito os despachos de billetes do estadio non abrirán o día do partido e tamén se deshabilitará a venda en liña.