Raquel Miguens mantense no trono do bádminton autonómico

Pontevedra
13 de marzo 2019

A xogadora do Club Bádminton Ravachol Pontevedra revalidou a fin de semana a súa condición de campioa galega, por partida dobre, e queda a un título do récord histórico da competición

Podio do Campionato Galego Absoluto de Bádminton Club Bádminton Ravachol Pontevedra

O Campionato Galego Sub 15 e Absoluto de bádminton celebrado en Ourense deixou un nome propio, o de Raquel Miguens.

A capitá do primeiro equipo do Club Bádminton Ravachol Pontevedra na liga nacional revalidou os dous títulos conseguidos a pasada tempada.

Primeiro venceu en dobres feminino, repetindo parella con Ana Carbón, e logo no dobres mixto, formando parella co nevense Bruno Moldes.

Con estes dous triunfosMiguen colócase en terceiro lugar do ranking histórico galego con 16 títulos, a só un dos que posúen Rafael Vázquez e Aida Rodríguez.

A expedición do Ravachol completárona Natalia Murio e Cristina González en categoría absoluta, e Ignacio López en Sub 15.