Un dos novos talentos do Club Bádminton Ravachol Pontevedra segue a captar a atención non só a nivel nacional, senón internacional.
Trátase de Raúl Bergua, que acaba de ser seleccionado para formar parte do exclusivo Team Europe Summer Camp que se celebrará do 4 ao 13 de xullo na localidade danesa de Vejen.
Neste campus estival daranse cita 54 dos mellores xogadores sub17 e sub19 do continente.
Trátase dunha actividade organizada directamente por Badminton Europe, e que terá como sede unhas espectaculares instalacións.
En concreto esta concentración terá lugar no complexo Vexen Idrætscenter, que conta con até 20 pistas de bádminton, tres ximnasios, piscina e aulas para formación, ademais de contar con aloxamento a escasos metros do recinto principal.
Bergua compartirá esta experiencia con outro seis xogadores españois.
"Esta convocatoria é froito do traballo ben feito e do compromiso que Raúl mostra en cada adestramento. Sentimos moi orgullosos del e seguros de que aproveitará esta oportunidade para seguir crecendo tanto no deportivo como no persoal", afirma o director deportivo do Ravachol, Jesús Pereiro.
Será unha nova experiencia internacional máis para o xogador do club pontevedés, que no principio do ano xa participou en exclusivo stage de adestramento en Bangkok.