A Real Federación Española de Natación recoñecerá a traxectoria da pontevedresa Carla Goyanes na última tempada, dentro da IX Gala da Natación Española que se celebrará este venres 6 de outubro na sede do Comité Olímpico Español, en Madrid.
A deportista do Club Natación Galaico recibirá unha das Medallas Extraordinarias ao Mérito Deportivo, que se outorgan aos nadadores que foron medallistas en campionatos do Europa e do Mundo.
Goyanes recibirá tal distinción polo seu segundo posto no Europeo Júnior de Augas Abertas celebrado en Malta, na modalidade de 7,5 quilómetros, pero ademais no último ano logrou tamén a medalla de prata no Campionato de España da especialidade e participou no Mundial que se celebrou en Israel.
Ademais da pontevedresa, nesta categoría recibirán distincións deportistas xa consagrados como Jéssica Vall ou Joan Pons, ademais de Paula Ruiz en augas abertas e deportistas de natación artística, saltos e waterpolo.