O Club Cisne Balonmán pechou a continuidade dunha das súas grandes apostas de futuro, o pivote Manu Lorenzo.
A entidade pontevedresa confirmou este xoves a renovación do xoven xogador para a próxima tempada.
A pesar da súa mocidade, Manu Lorenzo foi gañando protagonismo aos poucos no primeiro plantel, desde o seu debut con só 16 anos na Liga Asobal en outubro de 2022.
Trátase ademais dun talento no que ten posto os ollos a Selección Española, e de feito trras acumular convocatorias internacionais nos últimos meses foi citado agora para principios de xullo polo equipo español xuvenil para preparar a súa participación no próximo Campionato de Europa.
O pivote é a segunda renovación no plantel cisneísta que dirixirá Quiños desde o banco, tras a recentemente anunciada de Gualther Furtado.