Ricardo Amerigo, reforzo de Asobal para a portaría do Teucro

Pontevedra
01 de xullo 2014

O gardameta almeriense, que defendeu as cores do Villa de Aranda as tres últimas campañas, comprometeuse co club azul para a próxima tempada

Ricardo Amerigo tras un partido co Villa de Aranda BM Villa de Aranda

Segunda fichaxe para a portaría da Sociedade Deportiva Teucro. Tras a chegada de Iago Gómez a entidade azul confirmou este martes que chegou a un acordo con Ricardo Amerigo, gardameta procedente do Vila de Aranda.

Amerigo apenas gozou de minutos na última tempada, pero conta cunha ampla experiencia en Asobal tras o seu paso polo equipo burgalés, onde estivo tres ano, e o Keymare Almería.

O novo porteiro teucrista chega á cidade de Lérez para facer esquecer ao arxentino Juan Bar, titular as últimas tempadas.

Ricardo Amerigo é almeriense, ten 28 anos, mide 1,88 metros e pesa 95 quilos.

Segundo informa o Teucro o xogador asina por un ano e non será presentado ata a primeira semana de agosto, cando se incopore aos adestramentos do equipo.

Tras esta fichaxe só falta por chegar un pivote que cubra a marcha de Tomás Moreira, dentro dos plans iniciais desvelados no seu momento polo adestrador azul Quique Domínguez.