Roberto Feáns: "Me veo con todas las fuerzas del mundo y estoy muy seguro de lo que hago"

Pontevedra
25 de maio 2018

O conselleiro responsable da planificación deportiva do Pontevedra Club de Fútbol deu este venres a cara para valorar a tempada recentemente concluída, á que "difícilmente le puedo dar un aprobado", aínda que asegura quedar con "conclusiones positivas" e verse con ganas de continuar co seu labor

Rolda de prensa de Roberto Feáns para valorar a tempada Mónica Patxot

É a persoa sobre a que recaeron gran parte das críticas pola mala tempada do Pontevedra Club de Fútbol, polo seu labor como máximo responsable da planificación deportiva, por iso a prometida comparecencia de Roberto Feáns para falar a tempada recentemente concluída era esperada con impaciencia por contorna e afeccionados.

O conselleiro da entidade saíu este venres á palestra acompañado do seu compañeiro Manuel Ruibal para valorar unha campaña á que "difícilmente le puedo dar un aprobado", xa que o obxectivo de inicio de curso era "intentar mejorar lo del año pasado".

Feáns recoñeceu erros nas fichaxes ou na toma de certas decisións, algo que "está claro", pero defendeuse argumentando que "todo se resume en que esto es fútbol y hay factores incontrolables".

A pesar de "todo lo mal que lo hemos pasado", explicou, sacáronse "conclusiones positivas" como a incorporación de futbolistas da base, xa que "hay jugadores de nuestro fútbol base que se han ganado seguir aquí la temporada que viene".

Tras falar do rendemento dalgunhas fichaxes, sen dar nomes, ou das tres derrotas do inicio de liga que "marcaron un pouco el año", Roberto Feáns valorou algunhas das cousas que se torceron ao longo da liga, como a saída de Luisito ou a necesidade de acudir con certa urxencia ao mercado invernal, onde "creo que todas las incorporaciones han aportado".

Roberto Feáns: "Hay gente que ha criticado muchas cosas y que desconoce el funcionamiento y las horas que se le dedican a este club"

Preguntado por se existía algún posible erro no seu método de traballo, o responsable da planificación deportiva respondeu cun contundente "no", para pasar a queixarse de xente "que ha criticado muchas cosas y que desconoce el funcionamiento y las horas que se le dedican a este club".

Por todo iso vese capacitado de seguir no seu posto. "Yo soy consejero de este club y represento o trabajo para el bien de la entidad, me veo con todas las fuerzas del mundo y estoy muy seguro de lo que hago",, declarou antes de recoñecer que en todo caso é o Consello de Administración onde se toman as decisións.

PLANIFICACIÓN DA  PRÓXMA TEMPADA

Unha das grandes dúbidas e queixas dos afeccionados tras conseguir a permanencia céntrase na incerteza sobre quen sentará no banco de Pasarón o próximo curso e a que xogadores ofreceráselles a renovación. Neste aspecto Feáns explicou que "en breve tenemos que reunirnos para decidir sobre la continuidad o no del entrenador", sinalou en referencia a un Luismi do que eloxiou o seu traballo desde que se fixo cargo do equipo.

Ademais "nos hemos reunido con todos los jugadores para conocer la disposición que tienen", pero negou que se formalizase ningunha oferta de renovación nin máis movementos, tampouco para acompañalo na dirección deportiva onde "tenemos elementos suficientes para cubrir esa parcela". De feito a intención é incorporar só a outra persoa dedicada á coordinación das categorías inferiores.

Por último o conselleiro granate pensa que "tenemos tiempo suficiente" para confeccionar o equipo, polo que seguindo a liña da presidenta pediu tranquilidade xa que valorarán minuciosamente todas as opcións posibles antes de tomar as decisións que consideren oportunas.