Rodaxe e boas sensacións para o Cisne cun triunfo no Rosal

Pontevedra
29 de agosto 2025

O equipo pontevedrés segue a progresar na súa pretempada, superando con nota o amigable que lle enfrontou este xoves a domicilio ao Atlético Novás

Amigable entre Atlético Novás e Cisne Club Cisne Balonmano

O Club Cisne Balonmán progresa na súa pretempada a piso firme e con boa letra.

Este xoves o conxunto pontevedrés era o invitado do Trofeo Zona de Obra organizado no Rosal polo Atlético Novás, equipo que esta campaña militará na Primeira Nacional.

Tratábase do cuarto compromiso estival do Cisne, tras o Trofeo Interpontes e os encontros contra Xiria e OAR Coruña, este último na Copa Galicia.

Os de Quiños levaron o trofeo no Rosal cun resutado de 21-27, nun encontro que serviu para acumular minutos nas pernas e seguir sumando boas sensacións.

O técnico repartiu os minutos entre todos os seus homes, sendo Iago Costas o máximo goleador do equipo con 4 tantos seguido de Gilherme Linhares, Manuel Lorenzo, Martín Santos e Xoán Fernández con 3 goles cada un.

Partido amigable entre Atlético Novás e CisneClub Cisne Balonmán

Destacada foi tamén a actuación de Abián Rodríguez cun 50% de efectividade en paradas baixo os paus.

Iván Calvo recibiu ademais un recoñecemento como mellor xogador do partido.

Tras este encontro o Cisne mira xa cada vez máis cerca a estrea do curso na División de Honra Prata, que se producirá o 13 de setembro na casa contra o recentemente ascendido OAR Coruña.