Grandes noticias para o taekwondo pontevedrés, co resultado conseguido con Roi Fraga no Campionato de Europa Cadete celebrado na capital serbia, Belgrado.
O xoven deportista do Club Número Phi de Caldas de Reis logrou en Serbia unha meritoria medalla de bronce.
No seu primeiro combate, Roi superou con solvencia en dous asaltos a Christopher Wunsch (Luxemburgo), do mesmo xeito que sucedeu en segunda rolda co local Konstantin Zivanovic. Más apertado foi o seu comabte de cuartos de final contra o francés Denzel Meledie Ntjono.
Así se chegou á semifinal, con medalla xa asegurada, na que o rival era o campión do mundo, o italiano Gabriele Rosato, que venceu en dous asaltos a pesar da resistencia inicial do galego.
SERGIO TROITIÑO, OURO NO OPEN DE MONTENEGRO
Outra medalla para o taekwondo pontevedrés chegou a fin de semana no Open de Montenegro, onde Sergio Troitiño (Mat's de Marín) logrou a medalla de ouro na súa categoría.
Co seu triunfo en Podgorica Troitiño suma ademais 10 puntos para escalar postos no ranking internacional.
Para vencer superou o serbio Ivan Karajlovic e na semifinal o bosníaco Erol Nuci. Xa na final, impúxose o croata Dinko Segedin vencendo en dous asaltos para levar o ouro.