Rosinha Duarte abandona a disciplina do Arxil

Pontevedra
16 de novembro 2015

A xogadora portuguesa e o club pontevedrés chegaron a un acordo para poñer fin ao contrato que os vinculaba. Era un dos dous reforzos das verdes para afrontar a presente tempada

Rossie Duarte adestrando co Arxil
Rossie Duarte adestrando co Arxil / Mónica Patxot

O Club Baloncesto Arxil queda sen unha das xogadoras chamadas a marcar a diferenza no plantel, Rosinha Duarte.

A internacional portuguesa chegou a un acordo co club para poñer fin ao contrato que lles unía, despois dun inicio de liga no que o seu rendemento non foi o esperado pola entidade arxilista.

Duarte foi unha das dúas xogadoras fichadas polas verdes para reforzar o equipo, xunto a Yanique Gordon, tras a marcha a final do pasado curso de Maimouna Diarrá e Fallon Lewis.

A ala-pivot, que xa non participou no último partido de liga, alcanzou 6,7 puntos, 7,8 rebotes e 5,3 de valoración nos seis partidos que defendeu a camiseta do Arxil.