Salcedo bótase a correr coa VIII Carreira Pedestre de San Brais

Pontevedra
31 de xaneiro 2016

A proba, primeira do Circuíto de Carreiras Populares, contou con case 400 atletas. Os gañadores en categoría absoluta foron Amadeo Abal e María del Rosario Figueroa

VIII Carreira Pedestre de San Brais Diego Torrado

A cuarta edición do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra botou a andar este domiungo coa VIII Carreira Pedestre de San Brais.

Case 400 atletas participaron na proba absoluta, ao que hai que sumar os deportistas de categorías inferiores, nunha animada xornada deportiva que nin a tímida choiva puido embazar.

Nun duro circuíto de 6.500 metros con saída e chegada no centro comercial, os máis rápidos en categoría masculina e feminina foron Amadeo Abal e María del Rosario Figueroa.

Abal (22:48) venceu ao sprint a Diego Calvete (22:48), mentres completou o podio Diego González (23:07).

Pola súa banda María del Rosario Figueroa completou o percorrido cun tempo de 27:20, sendo segunda María del Pilar López (28:57) e terceira Lorena Salgueiro (29:02).

A próxima cita do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra disputarase o 10 de abril en Monte Porreiro.

Consulta aquí as clasificacións completas de San Brais.