Samu Gómez convértese na primeira renovación do Teucro

Pontevedra
10 de maio 2018

O pivote continuará un ano máis defendendo as cores do equipo pontevedrés na Liga Asobal, ao facerse efectiva a cláusula de renovación que establecía o seu contrato

Samu Gómez, no partido entre Condes de Albarei Teucro e Zamora no Municipal
Samu Gómez, no partido entre Condes de Albarei Teucro e Zamora no Municipal / Diego Torrado

Primeiros movementos da Sociedad Deportiva Teucro para confeccionar o plantel que a próxima tempada volverá competir na Liga Asobal de balonmán.

O club pontevedrés quere deixar avanzada a composición do equipo antes de que finalice o mes de maio e púxose ao choio confirmando a súa primeira renovación, a do pivote Samu Gómez.

O xogador andaluz, que regresou ao Teucro no inverno para cubrir a saída de Colasuonno, é un dos homes que contaba cunha opción de prórroga no seu contrato, do mesmo xeito que os laterais Andrés Moyano, Bruno de Castro e Rial, cos que tamén se falou.

Na que é a súa segunda tempada en Pontevedra, Samu Gómez disputou ata a data 17 partidos anotando 31 goles.

O seu contrato queda desta forma prorrogado por un ano máis.