Samuel González e Isabel Castro, vencedores en Campañó nunha gran xornada de ciclocrós

Pontevedra
08 de decembro 2016

Exitosa estrea do Trofeo Cidade de Pontevedra de Ciclocrós, proba da Copa Galicia da especialidade celebrada este xoves na contorna do hipódromo de Campañó con preto de 250 participantes

I Trofeo Cidade de Pontevedra de Ciclocrós en Campañó Mónica Patxot

Exitosa estrea do Trofeo Cidade de Pontevedra de Ciclocrós, celebrada este xoves na contorna do hipódromo de Campañó.

O circuíto deseñado para a ocasión pola organización, a cargo do Club Deportivo Pinarium co apoio do servizo municipal de deportes, pasou con nota a proba.

Preto de 250 ciclistas déronse cita en Campañó para gozar dunha carreira puntuable para a Copa Galicia da especialidade.

Samuel González (Salvaterra de Miño) foi o vencedor na probaaa elite masculina, a pesar de ser aínda deportista en idade sub-23, ao chegar á meta con 14 segundos de vantaxe sobre Raúl Fernández (Fornelos de Montes) e 31 segundos sobre Adrián Valverde (Rías Baixas), segundo e terceiro respectivamente.

En categoría feminina a gañadora foi Isabel Castro (Fornelos de Montes), con 10 segundos de renda sobre Desireé Duarte (Fornelos de Montes) e 1:49 sobre María Jesús Barros (Spol).

Pola súa banda en idade junior os vencedores foron Gullermo García (CC Vigués) e Jéssica Silva (Vila do Conde), e na cadete Mario Fernández (O Rosal) e Ana Mafalda Sa (Vila do Conde).

Consulta aquí as clasificacións completas do I Trofeo Cidade de Pontevedra, incluídas as das categorías master.