Seguir sumando, única receita do Pontevedra para achegarse á permanencia

Pontevedra
20 de abril 2018

Os granates visitan este domingo (11:30 horas) o campo dun rival directo pola permanencia como o Valladolid B, que pasa por ser un dos equipos máis en forma da competición. Jimmy, única baixa por lesión para Luismi

Adrián León e Marcos Álvarez, nun adestramento do Pontevedra en Pasarón Mónica Patxot

Catro partidos, catro finais. Así plantexa o Pontevedra o tramo final da competición, no que só vale seguir sumando para escapar do descenso, empezando polo duelo ante un rival directo como o Valladolid  B (domingo, 11:30 horas nos anexos de Zorrilla).

Os granates visitan a un dos conxuntos máis en forma da competición, que acumula 12 xornadas sen perder e que "lo está haciendo muy bien", recoñece Luismi, pero prometen batalla aproveitando que "también estamos en buen momento".

O técnico centrou parte do traballo da semana en como frear as rápidas transicións que caracterizan ao filial valisoletano, para o que "tras pérdida hay que estar con buenas vigilancias, que el Valladolid no pueda correr y sea un equipo que esté incómodo".

Con ese plan, atentos ao potencial do Valladolid, pero sen descoidar as tarefas ofensivas, para as que o adestrador pontevedrés recupera a un dos seus puntais como é Álex González tras a súa sanción. 

O partido xogarase nun campo de céspede artificial e en horario matinal, pero iso xa non asusta ao equipo. "Ahora entrenamos por la mañana y el sintético es igual al nuestro o incluso mejor, no hay excusa", sinala Luismi.

O encontro nos anexos de Zorrilla será arbitrado polo colexiado vasco Aimar Velasco Arbaiza

VIAXE DE AFECCIONADOS

O Pontevedra non estará só en Valladolid, xa que ademais dos seguidores que teñen previsto desprazarse en coches particulares viaxará un autocar organizado polo propio club e que partirá ás 5:00 horas da madrugada do mesmo domingo.

Tras atopar un patrocinador para esta viaxe, o Pontevedra anunciou que se reduce o seu prezo a 20 euros (eran 30 inicialmente) contando coa entrada do encontro, e ademais o que acompañen con esta opción aos granates en Valladolid terán dereito a viaxar a custo cero a próxima semana a Segovia.