Segundo tratamento con area da tempada para tentar mellorar o céspede de Pasarón

Pontevedra
17 de decembro 2025
Actualizado: 14:39

O Pontevedra Club de Fútbol aproveitou as case tres semanas sen partido en Pasarón para sometelo a un novo tratamento intensivo, coa intención de recuperar a superficie de xogo

Tratamento con area no Estadio Municipal de Pasarón
Tratamento con area no Estadio Municipal de Pasarón / PontevedraViva

Por segunda vez esta tempada o céspede do Estadio Municipal de Pasarón foi cuberto por unha importante capa de area.

Trátase dun tratamento intensivo, que xa levou a cabo a metade do mes de setembro, complementado co picado do terreo de xogo e co que se trata de mellorar a súa consistencia e aspecto xeral durante a época de choivas.

Todo iso porque os últimos partidos, algúns deles disputados con mal tempo, afectaron ao verde, deixando unha superficie branda e irregular especialmente nalgunhas zonas do campo.

Para tentar mitigar esta situación e aproveitando o parón do Nadal, os operarios que se encargan de manter o estadio pontevedrés apostaron por repetir a achega de area.

Tratamiento con arena en el césped del Estadio Municipal de Pasarón
Tratamento con area no céspede do Estadio Municipal de PasarónPontevedraViva

Cabe lembrar que tras o duelo contra o Arenas os granates non volverán xogar no seu estadio en practicamente tres semanas.

Este domingo 201 de decembro despedirán o ano en Barakaldo e non volverán competir até o sábado 3 de xaneiro.

Ese será o primeiro encontro que se dispute en Pasarón tras os novos coidados, contra o Racing de Ferrol, nun duelo que foi declarado de 'alta rega'.

A estas dúas intervencións no céspede súmase ademais a acometida ao comezo de liga debido á aparición dun fungo que afectada á herba.