Seis partidos confirmados para a pretempada granate

Pontevedra
19 de xullo 2016

O Pontevedra, tras a presentación deste luns, puxo o mono de traballo cunha dobre sesión de adestramento no campo de fútbol de Poio. O club granate confirmou seis datas de partidos amigables nunha pretempada que estará concentrada en apenas un mes

Primeiro adestramento de pretempada do Pontevedra 2016/2017 Mónica Patxot

Despois da toma de contacto e presentación do luns, o Pontevedra puxo o mono de traballo este martes cunha dobre sesión de adestramento celebrada no campo de fútbol de Poio.

Os granates afrontarán unha pretempada concentrada en apenas un mes, no que combinarán adestramentos con partidos amigables contra equipos de diferentes categorías.

Neste aspecto polo momento son seis os encontros de preparación confirmados polo club pontevedrés, dos cales só dous xogaranse no Estadio Municiapl de Pasarón.

O primeiro compromiso amigable xogarase o sábado 30 de xullo no campo de Mirallos, en Moraña, ante un rival da súa liga, o Celta B (19:00 horas), no Torneo Carneiro ou Espeto. Un día despois, o domingo 31 de xullo, o Real Valladolid (2ª División) visitará Pasarón ás 20:00 horas no XL Trofeo Cidade de Pontevedra.

O Villalonga de Terceira División será unha pretemporada máis rival dos granates, o mércores 3 de agosto en San Pedro (20:30 horas), mentres o sábado 6 de agosto os de Luisito desprazaranse a Ponteareas para xogar contra a Cultural Areas de Preferente (19:30 horas).

Pola súa banda, na última fin de semana antes do comezo de liga, o sábado 13 de agosto, o Lugo de 2ª División será o adversario dos granates no LVII Trofeo Luís Otero, fixado para as 20:00 horas no Estadio Municipal de Pasarón.

Un día despois, o domingo 14 de agosto, o CD Moaña de Preferente será a última pedra de toque do Pontevedra, ás 20:00 horas no Campo do Casal da localidade do Morrazo.