Un vello coñecido da afección da Sociedade Deportiva Teucro regresa á que foi a súa casa. Trátase de Sergio Blond, segundo confirmou este luns a directiva do club.
O canteirán, tras unha experiencia no estranxeiro, volverá vestir a camiseta azul nunha tempada moi especial para o conxunto pontevedrés, a da súa 80 aniversario
"O seu liderado, compromiso e profundo coñecemento do club serán fundamentais para afrontar os desafíos da próxima tempada", subliñan desde a SD Teucro.
Blond, que xoga como central, iniciou a súa andaina deportiva no Teucro desde temperá idade, pero foi no 2021-2022 cando pasou a formar parte do primeiro equipo.
Abandonou a disciplina teucrista ao final da pasada campaña, en xuño de 2024, cando fixo un parón na súa carreira deportiva para continuar os seus estudos no estranxeiro.
Con esta fichaxe, a SD Teucro continúa reforzándose para competir nunha nova tempada na Primeira Nacional do balonmán español.
É a súa cuarta incorporación tras as de Pablo González, Iago Vidal e Iago Rivas.
A eles súmanse as renovacións de Gonçalo Areias, Caue Herrera, Miguel Monteagudo, Rhuan Marchette, Daniel Pintus, Anxo Fraga, Rikki González, Andrés Pérez, Martín González, Sergio Cortizo e o porteiro Miguel Jiménez Pello.