Gran resultado o conseguido polos deportistas cel Club Mat's de Marín no Open de Países Baixos de Taekwondo.
O evento, de categoría internacional G2, presentábase como unha das principais citas preparatorias de cara ao Campionato de Europa Absoluto que se celebrará en maio en Munich.
Alí brillaron dous deportistas do club marinense con nome propio, como Sergio Troitiño e Iván García, demostrando estar xa asentados na elite do seu deporte.
Troitiño conseguiu no Open disputado en Eindhoven a medalla de ouro na categoría de -87 quilos.
Pola súa banda Iván García só cedeu na final do seu peso, +87 quilos, levando a prata.
Peor fortuna correron por unha banda David Robleto, que non logrou avanzar de rolda, e sobre todo Arlet Ortiz á que problemas burocráticos lle impediron a súa participación.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.